Servizos Editoriais e Deseño – Maquetación, Corrección, Tradución e Comunicación

Deseñamos e maquetamos o teu libro electrónico -ebook-

Portada de libro digital

Creamos os teus libros dixitais!

Somos unha empresa formada por distintos profesionais do sector editorial que levan no mundo do libro dende hai máis de 20 anos.

Conscientes de que ningún libro é igual a outro, connosco non terás ofertas chamativas que acaban en sorpresa. Nós valoramos o teu orixinal e ofrecémosche un presuposto individualizado e real, en base as características de cada obra.

O tempo de traballo para a maquetación dun libro non é o mesmo se o texto é corrido que para outro con imaxes, gráficos, ou con referencias e notas ao pé de páxina… na conversión e adaptación ao formato dixital pasa o mesmo. Se o que buscas é calidade e funcionalidade, non meros pdf, ofrecémosche un servizo profesional con revisións ata que o resultado final sexa o que se corresponde co teu orixinal.

Epub 2

Maquetación fluída

Son os ebook nos que a lectura é completamente variable. O lector pode adaptar a obra ás súas preferencias de cada momento, ampliando ou diminuíndo texto, imaxes e mesmo avanzando e retrocedendo nos enlaces. É o formato indicado para xéneros como a narrativa, a poesía, o teatro, o ensaio ou a investigación, posto que segundo o dispositivo e as preferencias, se reaxusta a visualización para facilitar a experiencia lectora.

Imagen ilustrativa de un epub

Epub 3

Maquetación fixa

Son os ebook nos que a maqueta permanece invariable. Indicado para aqueles libros que deben manter intacta a maqueta, como son os álbumes ilustrados ou contos infantís nos que as imaxes forman parte intrínseca da obra e os cambios na visualización do texto afectarían ao fondo. Neste formato tamén entran os libros interactivos con vídeos, audios ou efectos pop-up, para unha experiencia multimedia.

Libro adaptable “responsive”

A gran vantaxe dos ebook reside na súa comodidade para a lectura, pois podes transportar numerosos títulos nun único aparato. Podes acceder á túa biblioteca persoal dende calquera dispositivo dixital, ben sexa ereader, ordenador, tablet, smartphone… por iso é importante que o traballo de adaptación da obra sexa profesional, porque se trata dun libro vivo que debe redimensionarse a cada formato facilitando a lectura e mantendo unha visualización correcta que permita unha mellor experiencia para o usuario.

Servizos Editoriais e Deseño – Maquetación, Corrección, Tradución e Comunicación
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web che parecen máis interesantes e útiles.