
Máis de dúas décadas de experiencia no sector editorial, permítennos ofrecerche servizos de deseño e maquetación para todo tipo de libros, independentemente do xénero do que se trate: narrativa, poesía, teatro, memorias, informes, teses, investigación, álbumes ilustrados…
Tamén para persoas non profesionais do sector editorial
Se non eres profesional do sector das artes gráficas ou da edición, pero queres darlle forma de libro ao teu proxecto podes poñerte en contacto con nós e asesorarémoste dende o inicio ata a entrega final do traballo. Contamos con profesionais de distintos ámbitos segundo as túas necesidades. Corrección de texto, traducións, deseño e maquetación, retoque fotográfico… mesmo te aconsellaremos sobre as opcións máis axeitadas para a impresión, como o tipo de papel, as tintas, os materiais de cuberta, encadernación… son moitas as posibilidades pero unhas axéitanse máis que outras a cada proxecto.
Comprometémonos a ofrecerche un servizo profesional listo para enviar a imprenta e, se así o prefires, tamén para ser compartido en formato ebook, e sempre respectando os prazos de entrega fixados.