
Os nosos servizos multidisciplinais, en base a un equipo de profesionais do sector da edición, deseño e comunicación, permítenos ofrecerche tamén asistencia como gabinete de prensa, coa redacción de comunicados, notas informativas, entrevistas, publicidade…
Este servizo está supeditado ás túas necesidades, polo que consúltanos para establecer as tarifas en función de se precisas un traballo puntual ou periódico.
Publicidade impresa
Outro dos nosos servizos é o de publicidade impresa, que auna o traballo dos nosos profesionais da comunicación co dos deseñadores gráficos para ofrecerche composicións atractivas e visuais que respondan ás túas necesidades da mensaxe publicitaria que pretendes transmitir. Tarxetas, folletos, cartelería, displays, faldóns publicitarios…